viernes, 4 de marzo de 2011

PENTECOSTE

Pentecoste describe a festa do quincuaxésimo día despois da Pascua (Domingo de Resurrección) e que pon termo ao tempo pascual.

Durante Pentecoste celébrase o descenso do Espírito Santo e o inicio da actividade da Igrexa, por iso tamén se lle coñece como a celebración do Espírito Santo. Na liturxia católica é a festa máis importante despois da Pascua e o Nadal.

O fondo histórico de tal celebración baséase na festa semanal xudía chamada Shavuot (festa das semanas), durante a cal se celebra o quincuaxésimo día da aparición de Deus no monte Sinaí, polo tanto no día de Pentecoste tamén celébrase a entrega da Lei (mandamentos) ao pobo de Israel.

No calendario cristián con Pentecoste remata o tempo pascual dos 50 días


No hay comentarios:

Publicar un comentario