viernes, 8 de abril de 2011

SEMANA SANTA

Sabías que por causa da morte de Jesús Pilato e Herodes se fixeron amigos? Ata entón estiveran postos a mal.

Xesús anunciou aos seus ata tres veces a súa paixón e resurrección.

A crucifixión foi unha forma de condena que se iniciou en Persia e que máis tarde adoptaron os romanos. En tempos de Xesús era un castigo habitual (dentro dos máis graves).


Esta tempada imos traballar o seguinte:


Por que e por quen foi xulgado e condenado Xesús?

Como morreu e que significado ten a súa morte?

Que din os evanxeos sobre a resurrección de Xesús?




Xesús, rodeado dos seus discípulos, celebra a pascua xudía- recordo da saída dos israelitas de Exipto grazas a Moisés- en Xerusalén.

É apresado polos romanos a causa do aviso de Judas e foi xulgado e condenado.


A Última Cea. Como dixen arriba Xesús foi a Xerusalén para celebrar a festa de Pascua cos seus discípulos. Durante a cea Xesús realiza uns xestos de gran transcendencia. "Entregábase co seu corpo e co seu sangue e bendicía ese pan e ese viño para que todos recordasen que quedaban reunidos na mesma familia".

Así na Eucaristía faise presente o Señor, morto e resucitado.


Oración do horto e arresto. Ao rematar a cea Xesús e os discípulos saíron aos arredores de Xerusalén dirixíndose ao horto de Getsemaní (monte das oliveiras). Alí Xesús púxose a rezar, mentres tanto, os seus discípulos durmían. Foi unha oración chea de sufrimento e angustia. Alí chegou Judas Iscariote, que o traizoou.

Os dous Xuízos. Foi xulgado dúas veces: Ante o Sanedrín (máxima autoridade relixiosa). Ante Poncio Pilatos. No primeiro por blasfemar e non respectar o sábado, e no segundo por proclamarse rei dos xudeus.

Era necesario que Xesús pasase ante o tribunal civil para facer efectiva a súa condena.

Morreu Crucificado.

A crucifixión e a morte. Xesús foi crucificado fóra das murallas de Xerusalén, cara ao monte Gólgota; despois de ser sometido a duras torturas ( azoutes, malleiras, burlas, etc.)

Era habitual poñer un letreiro na cruz indicando o motivo da execución. No de Xesús poñía "INRI" Jesús Nazareno Rey de los Judíos"


Sentido da morte de Xesús.

É o xesto último e definitivo onde se mostra o seu amor polas persoas pois "ninguén ten amor máis máis grande que quen dá a vida polos seus amigos". Por iso a cruz ademais de ser un instrumento de tortura e morte, pasou a ser para os cristiáns o sinal do amor de Deus e de Xesús polas persoas.

Grazas á súa morte todos os homes e mulleres do mundo están salvados en Xesucristo. Coa súa morte Cristo consegue a vida para as persoas e condúceas cara a Deus.

A Sepultura. Entre os xudeus os enterramentos non se facían no chan senón depositando o cadáver en covas, cuxa entrada quedaba pechada por unha gran pedra para evitar que entrasen animais ou saqueadores.

Os cadáveres adoitaban ser ungidos con perfumes e aromas para atrasar o máis posible a descomposición. O sepulcro de Xesús era novo, propiedade de José de Arimatea e que o cedeu para enterrar jesús. A ser sábado non lles dió tempo de rematar de ungirlo por iso o domingo ían acabar de facelo e encontráronse co sepulcro baleiro.

Deus resucitouno.

Os relatos da resurrección.

Narran as aparicións de Xesús aos discípulos e a algunhas mulleres. Divídense en 3 tipos de relatos:

-Os que falan sobre o sepulcro baleiro.

-Os referidos á aparición aos once.

-Aparicións a algúns discípulos.



O sepulcro baleiro.
Estes relatos naceron, posiblemente, para ser meditados polos crsitianos nas peregrinacións ao Santo Sepulcro.
O sepulcro baleiro non supuxo o punto de partida d ela fe na resurrección de jesús porque o feito en si permitía moitas interpretacións (coñecía o rumor entre os xudeus de que os discípulos terían roubado o corpo de Xesús)

O sepulcro baleiro foi o signo que xunto ao anuncio do anxo, espertou nos discípulos a fe na resurrección.


Os encontros con Jesús Resucitado.
Os encontros con Xesús cos seus discípulos provocaron neles a fe na resurrección de Xesús.
Cando se di que Xesús resucitou non é porque permanecía presente na memoria dos discípulos. isto entón poderíase dicir de moitos personaxes da historia, senón que é afirmar que el vive para sempre actuando e facéndose presente no mundo.




Como pode crer hoxe que Xesús está vivo?

Se as aparicións de Xesús xa non se dan Como pode crer hoxe que jesús resucitou?

1- Confiando en...

No hay comentarios:

Publicar un comentario